Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

9ª e 10ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas para o xoves 13 de febreiro . Son xa as derradeiras. O venres 14 diremos as solucións a todas as preguntas no segundo recreo na biblioteca e alí saberedes quen foi o gañador do concurso. Pista nº 9: "She takes me away to that special place" Pista nº 10: "¿Puedo soñar contigo?"

7ª e 8ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas para o mércores 12 de febreiro : Pista nº 7: " Love means never having to say you`re sorry" Pista nº 8: " Resistencia Aneiros" Non esquezas pasar pola túa biblioteca e contestar as preguntas. O premio pode ser para ti.

Celebración do Día da Paz

Imagen
O pasado xoves 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz na nosa biblioteca. Proxectamos nos recreos unha presentación moi interesante  elaborada polos compañeioros do  CEIP de Ponzos  de Ferrol , á que lle   fomos engadindo diferentes cancións para facela aínda máis atractiva. Temos que agradecer a colaboración de Juan Vicente Piñón, no eido informático, a Joel Romero, alumno de 2º de BAC, aos alumnos de 4º de PDC (Juan, Cristina, Desirée, Xesús, Mª José e Miguel) e a Carlos Gancedo, que sempre nos axuda facendo de fotógrafo.

5ª e 6ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas para o martes 11 de febreiro : Pista nº 5: "Te vivo" Pista nº 6: Leriano e Laureola

3ª e 4ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas do luns 10 de febreiro : 3ª pista:  "Y con un suave desliz hago que se pare el tiempo" 4ª pista:  "ol vidar el provecho, amar el daño "

1ª e 2ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Velaquí tedes as dúas primeiras pistas do concurso. É sinxelo: lédeas, acudide a Google e comprobade a que corresponden (unha canción, un poema, unha novela, unha película...) Descubride datos sobre a autoría, título...). Despois, en calquera dos dous recreos podedes cumprimentar a ficha e participar: 1ª pista: "Try to scream out my lungs" 2ª pista: "Pero aún me gustas más, tanto que casi / no puedo resistir lo que me gustas"

"Morrer de amor (e desamor)" Concurso para o Día de San Valentín

Imagen
Estamos poñendo en marcha un concurso para celebrar o Día de San Valentín o vindeiro 14 de febreiro. Contamos contigo! PARTICIPANTES Calquera alumno da ESO  OBXECTIVOS   Coñecer algunhas das manifestacións de amor máis románticas de todos os tempos.  EN QUE CONSISTE?   Cada día lectivo, desde o venres 7 de febreiro, aparecerán dúas pistas na conta de Twitter da biblioteca a partir das 0:00 horas. Se non tes conta de Twitter, podes atopalas no blog da biblioteca.  As pistas serán versos dun poema, dunha canción de amor, personaxes dalgunha novela ou unha frase significativa dunha película.  Despois de ler as pistas, deberás buscar información sobre elas en internet o venres 7, o luns 10, o martes 11, o mércores 12 e o xoves 13. A dúas cada día, en total serán dez pistas. Unha vez saibas o máis importante, vai á biblioteca e responde ás preguntas dunha ficha que che darán alí para participar. Serán preguntas sobre o autor, a súa data de nacemento, o significad