Entradas

Mostrando entradas de 2012

Día do Libro 2012 co agasallo de Agustín Fernández Paz:"Os ríos da vida"

Imagen
"Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas. Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pousóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; o espanto ante os perigos que a escuridade agocha, nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa; a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos; as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito; ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo; o desesperode sentirse só

Centenario a inauguración e afundimento do Titanic

Como todo o mundo sabe a través do cine, o Titanic foi, no seu tempo, o barco de pasaxeiros máis grande e máis luxoso do mundo. A súa viaxe inaugural inciouse o 10 de abril de hai 100 anos desde Southampton (Inglaterra) con destino a Cherburgo, Queenstown e finalmente a Nova York. Sen embargo, catro días máis tarde, ás 23:40 horas do 14 de abril, o buque bateu cun iceberg ao sur das costas de Terranova, a afundiu ás 2:20 da mañá do 15 de abril. Partiu cara a Nova York con 2.227 persoas e rematou a súa singladura coa morte de 1.517 persoas, sendo daquela o peor desastre marítimo en tempo de paz.

Un premio para un dos nosos siareiros

Imagen
O pasado 8 de marzo, un dos nosos siareiros, Eugenio Martínez Canay foi galardonado co primeiro premio do certame de narrativa xuvenil "Entre iguais" do Concello de Lugo, na categoría de 12 a 14 anos. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presidiron o acto en conmemoración do Día Internacional da Muller, no que se fixeron entrega dos premios. Noraboa, Eugenio!

Día das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Co noso agradecemento á Bibliocondesa do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras (Ourense)

As mellores películas sobre educación

Imagen

Romanorum Vita

Imagen
Romanorum Vita. Una historia de Roma é unha exposición itinerante que nos leva a pasear por unha rúa e visitar unha domus do Imperio Romano na época imperial (século I d.C.) organizada pola Obra Social "la Caixa". Desde o 8 de febreiro ata o 28 de marzo este proxecto permítenos coñecer en Lugo , na praza Horto do Seminario, a vida cotiá dos habitantes dunha cidade pouco antes da destrucción de Pompeia. Se queres facer a visita virtual á exposición clica en info+

Antoni Tàpies i Puig (Barcelona 13 decembro 1923-6 febreiro 2012)

Imagen
Tàpies naceu en Barcelona no ano 1923 e morreu o pasado 6 de febreiro deste recén estreado 2012. Déixanos un gran pintor, escultor e un indiscutible teórico da arte española. Considerado como un dos máis destacados artistas do século XX, é asímesmo un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo. O informalismo é un movemento pictórico que abarca tendencias abstractas e xestuais que se desenvolveron en Francia e no resto de Europa despois da IIª Guerra Mundial en paralelo co Expresionismo Abstracto estadounidense. Antoni Tàpies era de formación autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX combinando tradición e innovación dentro dun estilo abstracto pero simbólico dando relevancia ao sustrato material da obra. Tiña especial interés pola materia, a terra, o po, os átomos e as partículas e gustaba de utilizar materiais alleos á expresión plástica academicista, nos referimos ás pinturas matéricas, incluíndo nelas todo o sentido espiritual da súa

Apadriñamento de lectores

Imagen
O pasado 25 de xaneiro algúns dos siareiros da nosa biblio actuaron como padriños dos rapaces de 4º de Primaria dos nosos veciños do CEP Loís Tobío . Os padriños - Rebeca Macía Trampral, Antía Eijo Mejuto, Manuel Lago Berdeal, Andrés Díaz Gómez e Carla Míguez Ríos- leron pequenos relatos de Cousas de Castelao aos seus afillados. Recibíronnos con tanto agarimo e expectación que xa temos ganas de repetir. Alumnos de 4º A cos seus padriños: Alumnos de 4º B cos seus padriños: Alumnos de 4º C cos seus padriños: Aquí tedes toda a experiencia en fotografías: Podedes ver tamén o blog da biblio do Lois Tobío

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

Imagen
Unha vez máis tomamos dun blog que admiramos moito unha curta preciosa. Grazas, Trafegando Ronseis