Entradas

Mostrando entradas de 2010

Novidades

Imagen
Estivemos de compras de Nadal e hai moitas novidades na biblio. Podes encontralas no blog "eu, de ti, lería..." Clica sobre a pestana correspondente e poderás velas. Encontraralas no estante de novidades na sala grande da biblio antes de que se leven á sala de xuvenil. NON PERDAS O TEMPO! ESTANTE ESPERANDO!

Bo nadal

¿Me lees un cuento?

Algunas propuestas para enseñar a disfrutar de la lectura a los más pequeños. Daniel aún no ha cumplido un año de edad, pero disfruta como el que más del placer de la lectura. No de la suya, claro, todavía es muy joven para entender las letras. Pero le encanta oír la voz de su padre, que lo tiene sentado sobre sus rodillas, mientras le lee un cuento muy bonito y le señala los dibujos que hay en cada página. Además, le hace reír cuando imita la voz de la ratita protagonista o cuando se pone a ladrar como el perro que aparece en la última página. El niño no lo sabe, y quizá tampoco el padre, pero esta actividad tan sencilla y divertida le está ayudando a potenciar su desarrollo intelectual, social y emocional. Y es que contarles cuentos a los niños, además de aportarles una larga lista de beneficios, es la forma más fácil y amena de transmitirles el placer por la lectura. Estos son algunos de los efectos de leerles en voz alta: Se sienten felices de que se les dedique un rato exclusivo d

Adéntrate na poesía de Uxío Novoneira

LIBERTÁ CHAMAS NOS OLLOS TRISTES LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando. Vélante os xóvenes i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo. Cando vexo un neno penso en ti e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre. Todo bruído sin nome é un agoiro. Madrid / O Courel 1962- 1964 SE O PASADO É PASADO SE o pasado é pasado i o presente é o urgente por qué inda busca a xente aquil soño clausurado? Vido visto ben Santiago i esa cuestión non resolta fago camiño de volta camiño de volta fago. Camiño de volta fago volvo do cabo do Mundo. Terra sólo en ti me fundo: é a certeza que trago. LETANÍA DE GALICIA GALICIA digo eu ún di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastr’os que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICI

Achégate un pouco máis a Uxío Novoneira

Imagen
Co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas ó escritor lucense Uxío Novoneira,"La voz de la escuela" publica unha reflexión sobre a poesía. Clica na imaxe para acceder:

Ano Internacional de Acercamento ás Culturas.

O obxectivo principal deste ano é o de acercar as diferentes culturas existentes a través de accións a nivel local, nacional e internacional, intentando involucrar a maior cantidade de persoas posibles. Na páxina Web da UNESCO (Organización das Nación Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), podemos atopar información sobre a celebración do Ano Internacional de Acercamento das Culturas. Esta organización, conta cun gran recoñecemento internacional polos constantes esforzos que realiza para dar a coñecer os beneficios da diversidade cultural, así como da riqueza xerada grazas aos intercambios e transferencias entre culturas. PELÍCULAS RECOMENDADAS Las cartas de Alou Flores de otro mundo . Missisipi Masala. Rocco y sus hermanos. Saïd. Un verano en La Goulette. Babel. Quiero ser como Beckham. Solo un beso. Poniente.

Día do libro: exposición "Para que les?"

Para a reflexión

Unha vez máis, grazas a Trafegando Ronseis coñecemos documentos de interese, como esta curta sobre o racismo e os fundamentalismos que anima á reflexión:

Día da Terra, 22 de abril

Imagen
Despois da hora do planeta chega o Día da Terra . No ano 1970 celebrouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril coa necesidade de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o Planeta. Ne ste día no IES Vilar Ponte, o departamento de ciencias naturais, proxectará unha película sobre o planeta Terra e os efectos e cambios xerados polo home nos derradeiros dous séculos.

O desván dos anos cincuenta

Imagen
Para uns coñecer, para outros recordar, …, os materiais docentes, os libros, a radio, os anuncios, os tebeos, a forma de vida na sociedade de hai medio século, podemos velo na páxina de “O Desván de Rafael Castillejo “.

Natureza e números

Hoxe traemos un vídeo de Cristóbal Vila onde poden verse as relacións que se establecen entre a natureza e os números . Realmente curioso. Para ver as explicacións sobre este vídeo, clica en info+

Adeus a Miguel Delibes, o cazador das letras

Imagen
O 12 de marzo de 2010 finou aos 89 anos un dos autores máis queridos da literatura española de postguerra. Deixanos en herdanza unha rica obra na que deu voz a un mundo rural que se esvaecía tralo pulo das cidades e a unhas clases medias que intentaban sortear os estreitos códigos morais establecidos polo Franquismo. Gran coñecedor da fauna e a flora castelá, mostrou sempre a seu apaixonamento pola caza; do seu interese pola natureza xa falamos neste blog cando fixemos referencia a La tierra herida , obra escrita co seu fillo coa finalidade de denunciar os problemas medioambientais do planeta. A obra de Miguel Delibes comenzou con La sombra del ciprés es alargada en 1947, novela pola que recibiu o Premio Nadal ; e de 1950 é El camino , outra das súas obras máis coñecidas. Pero será na década dos sesenta a que represente o seu apoxeo como escritor. En 1962 publicou Las ratas , un dos seus grandes libros, e en 1964, Cinco horas con Mario . Nos oitenta e os noventa virían os recoñecemen

novidades na biblio

Imagen
Para obter información sobre os libros clica nos enlaces: Tres metros sobre el cielo O brindo de ouro Sol de inverno

8 de Marzo. Día Internacional da Muller

Imagen
O Día Internacional da Muller, xurdíu a finais do século XIX e refírese ás mullleres como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita da mulller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Celebrouse por primeria vez o 19 de Marzo de 1911 con mitins onde ademáis do dereito ao voto e ao de ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral. Esta data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos paises. MULLERES DESTACADAS NA HISTORIA Cleopatra Filopator Nea Thea, Cleopatra VII , fue la última reina del Antiguo Egipto de la dinastía Ptolemaica , también llamada dinastía Lágida. Dicha dinastía fue creada por Ptolomeo I Sóter, general de Alejandro Magno , y fue también la última del llamado Periodo helenístico de Egipto.Sus amores fueron Julio César yMarco Antonio que la convirtieron en una de las soberanas con más poder de la antigüedad. Benazir Bhutto fue una política pakistaní que

El Guernica de Picasso en 3D

Vale la pena ver lo que hace la tecnología Toda la gente conoce el Gernika, una tela pintada al óleo, con 782 x351 cm, que Pablo Picasso presentó en 1937 en la Exposición Internacional de París. La tela, en blanco y negro, representa el bombardeo sufrido a Gernika el 26 de abril de 1937 por aviones alemanes y actualmente está expuesta en el Centro Nacional de Arte Reina Sofía, en Madrid. El pintor, quien vivía en París en ese tiempo, supo de la masacre por los periódicos y pintó las personas, animales y edificios destruidos por la fuerza aérea nazi, tal como los vio en su imaginación. Ahora, una artista de Nueva York, Lena Gieseke, quien domina las más modernas técnicas de infografía digital, decidió proponer una versión 3D de la célebre obra y colocarla en internet, con forma de video. El resultado es fascinante y nos permite visualizar los detalles que, de otro modo, nos pasarían desapercibidos. Esta técnica innovadora se revela como un poderoso instrumento para comprender mejor la f

Ano Internacional da Biodiversidade

Imagen
A última edición dá Lista Vermella de Especies Ameazadas dá UICN indicou que o 22 % de todos os mamíferos coñecidos, o 30 % de todos os anfibios coñecidos, o 12 % de todas as aves coñecidas, o 28 % de todos os réptiles, o 37 % das especies de auga doce, o 70 % das plantas, o 35 % dos invertebrados, avaliados ata o presente, están ameazados. Segundo certas estimacións, a taxa global actual de extinción de especies debida ás actividades humáns é case 1000 veces superior a taxa de pérdida natural. Distamos de acadar os obxectivos de reducción de pérdida da biodiversidade en 2010, polo que a UICN insta a reforzar a Convención sobre a Diversidade Biolóxica para salvagardar todas as formas de vida na Terra . Con este obxectivo celébrase neste ano 2010 o Ano Internacional da Biodiversidade.

Olimpiadas de Inverno: VANCOUVER 2010

Inícianse hoxe e ata o 28 de febreiro as Olímpiadas de Inverno. Os primeiros xogos olímpicos dos que temos constancia celebráronse na Antiga Grecia cara ao ano 776 a.C. O movemento olímpico moderno débese ao francés Pierre de Coubertein, quen en 1894 revitalizou os antigos xogos. A primeira edición dos xogos olímpicos de inverno tivo lugar na cidade francesa de Chamoix en 1924 e desde entón celébranse cada catro anos, normalmente no mes de febreiro. Desde os que tiveron como sé Lillehammer (Noruega) en 1994, os xogos de inverno e verán altérnanse nos anos pares. Este ano a cidade canadense de Vancouver é a anfitriona da XXI edición na que se desenvolverán as seguintes disciplinas: biahtlón, bosbsleigh, curling, esquí -alpino, de fondo, artístico, saltos e combinada nórdica-, hockey sobre xeo, luge, patinaxe -artístico, de velocidade, en pista-, skeleton e snowboard. España participa con dezaoito deportistas en varias especialidades, con posibilidades de acadar algunha medalla ou diplom

SEMANA DO AMOR: cara ao Día de San Valentín (día 5º)

Imagen
AS NOSAS RECOMENDACIÓNS PARA SAN VALENTÍN: DE CINE : - Historias de San Valentín (hoxe de estrea na pantalla grande) - Titanic - La verdad sobre perros y gatos - Brokeback Mountain - Expiación - Love Story - Pretty Woman - Notting Hill - Shakespeare in Love - Amelie - Moulin Rouge - Los puentes de Madison - Casablanca - Lo que el viento se llevó - West Side Story - La Bella y la Bestia - La dama y el vag abundo - Un paseo por las nubes - Bajo el sol de la Toscana DE MÚSICA : - Colgado en tus manos , Carlos Baute - Eres para mí , Julieta Venegas - Quiero ser , Amaia Montero - Me muero , La quinta estación - Me haces falta , Jennifer López - La fuerza del corazón , Alejandro Sanz - Sin miedo a nada , Álex Ubago - Crazy in Love , Beyoncé - Sweet Child of Mine , Guns & Roses - Lady in Red , Chris de Burgh - All my Love , Led Zeppelin - I Just Called to Say I Love You , Stevie Wonder - When a Man Loves a Woman , Percy Sledge - Ain't no Mountain High Enogh , Mart

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 4º)

KONSTANTIN BRONZIT: LAVATORY - LOVESTORY Hoxe, no cuarto día de celebración de San Valentín na nosa bitácora-blog da biblioteca, presentámosche esta curta animada rusa de Konstantin Bronzit titulada Lavatory – Lovestory, unha historia de amor no lugar máis impensado: un baño público, onde a señora que limpa soña con atopar alguén que a queira. Bronzit válese de trazos simples sobre papel, para contar en 10 minutos unha emotiva historia con certo suspenso: atopará esta muller o amor?

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 3º)

Imagen
FLORES, CORAZÓNS E PIROPOS NO NOSO IES! Como cada ano, estanse celebrando esta semana no centro dous dos nosos eventos máis amorosos . Un deles é o xa tradicional agasallo de flores ou corazóns coa finalidade de axudar economicamente aos rapaces de 1º de Bacharelato na súa viaxe cultural a Madrid. Xa sabedes, nos recreos estes alumnos, siareiros da nosa biblio, esperan que vaiamos escribir unha mensaxe de amizade ou amor nun dos corazóns de cartulina que alí nos venden por 0'50 €. Tamén podemos encargar unha flor por 1 €. Chegado o venres eles encargaranse de repartilos entre os afortunados/-as que teñen un amigo/-a ou un namorado/-a que se lembrou del/dela. Se queres que alguén especial reciba o teu regalo, aínda estás a tempo . O outro evento amoroso que vimos de celebrar depende do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística. É o concurso de piropos . Acaba de saír o fallo do xurado. Velaí tedes o gañador, de Andrea Fernández Ponce , de 2º ESO B , e algúns outros destaca

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 2º)

Imagen
HOXE, NO SEGUNDO DÍA NO CAMIÑO A SAN VALENTÍN, TRES POEMAS DE AMOR Mi reino por un “te amo”, sangrándote en la boca. Mi eternidad por solo dos palabras. Susúrralas o cántalas sobre un fondo real -agua de manantial sobre los guijos, saetas que desgarran con su zumbido el aire- así la realidad hará que sean reales las palabras que nunca pronunciaste -¡por qué nunca las pronunciaste!- y que ultrasuenan en un punto del tiempo y del espacio del que tengo que rescatarlas antes de que me vaya. Ven a decirme “te amo”; no me importa que duren tus palabras lo que la humedad de una lágrima sobre una seda ajada. (José Hierro) Libertad no conozco sino la libertad de estar preso en alguien cuyo nombre no puedo oír sin escalofrío; alguien por quien me olvido de esta existencia mezquina por quien el día y la noche son para mí lo que quiera, y mi cuerpo y espíritu flotan en su cuerpo y espíritu como leños perdidos que el mar anega o levanta l

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 1º)

Imagen
POR QUE SE CELEBRA SAN VALENTÍN? Como xa todos sabemos, San Valentín celébrase o 14 de febreiro. San Valentín foi o nome de varios mártires cristiáns e a festa foi establecida polo Papa Gelasio I no ano 496 d.C. Neste día, tradicionalmente, as persoas que desexan mostrar o seu amor aos seus namorados ou amigos regalan flores, bombóns ou envían tarxetas. Os símbolos do amor son o corazón, as pombas e o Cupido alado. Crese que esta tradición vén desde a Alta Idade Media, cando o poeta Chaucer, pai da lingua inglesa para moitos, escribiu os primeros versos de amor para celebrar o compromiso entre o rei Ricardo II e Ana de Bohemia. Floreceu na corte co intercambio de "notas" entre os nobres. Esta tradición extendeuse en Estados Unidos e en Inglaterra dun xeito parecido a como a coñecemos hoxe en día a partir de mediados do século XIX, cando empezaron a facerse tarxetas de felicitación en serie. En España comezou a celebrarse a mediados do século XX, dise que por iniciativa de Gal

"O ultimatum evolutivo"

"O ultimatum evolutivo" é unha curtametraxe realizada pola ONGD SETEM Comunitat Valenciana e o director gañador de dous Goyas, Pablo Llorens . Esta curta forma parte dun proxecto de sensibilización co que SETEM pretende concienciar sobre as causas e as consecuencias do consumo irresponsable e achegarnos alternativas positivas que están ao noso alcance.

Novas adquisicións da biblioteca

Imagen
"Dicen que la comedia es una tragedia que le sucede a otro.Pero que en el Más Allá uno todavía tenga que hacer prácticas, a Charlotte no le hace ninguna gracia. Y menos si consisten en coger el teléfono en un centro de ayuda para adolescentes problemáticos. Hasta que un día recibe la llamada de su amiga Scarlet: una pedicura terriblemente torpe ha dejado a Petula, su hermana pija, en coma. Y además, Damen, el novio de Scarlet, parece que vuelve a sentir algo por Petula, aunque ésta esté inconsciente... Tal vez Charlotte sea la única persona que pueda solucionarlo... aun a riesgo de precipitar un fatídico final para todos". O libro ten tanto éxito que ata hai unha web de fans en español, na que, entre outras cousas podes ler o primeiro capítulo do libro.

Novas adquisicións da biblioteca

Imagen
"Niki es una joven madura y responsable que cursa su último año de secundaria. Alessandro es un exitoso publicista de 37 años a quien acaba de dejar su novia de toda la vida. A pesar de los 20 años de diferencia que hay entre ambos y del abismo generacional que los separa, Niki y Alessandro se enamorarán locamente y vivirán una apasionada historia de amor en contra de todas las convenciones y prejuicios sociales". Se queres saber máis da novela ou mesmo ler o primerio capítula pincha no enlace info+

Novas adquisicións da biblioteca

Imagen
Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes de Ás de bolboreta , a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirm

Anxo Moure, atrapador de contos

Imagen
Co gallo do Día da Paz, hoxe visitou a nosa biblioteca AnxoMoure, atrapacontos e incansable activista ecolóxico. Co seu artiluxio de atrapar contos entusiasmou ós alumnos de 3º de ESO cos seus contos solidarios . Acompañado da súa bicicleta e do seu carballo con botas quixo concienciarnos sobre os valores da solidariedade, xustiza e liberdade. Moitas grazas, Anxo. ADRIÁN SILVENT MASEDA de 3ºA cóntanos as súas impresións: ¡Hola! El cuentacuentos me gustó mucho porque Anxo supo contarlos muy bien. Me gustó mucho, por otra parte, también porque la ONG ayuda a todos los niños que no tienen cultura, porque no tienen acceso a bibliotecas. Lo que hace Anxo y sus compañeros es instalar bicicletas por los parques para que los profesores o los médicos puedan acceder a su trabajo sin ningún tipo de problema. Anxo ayuda a la gente que no tiene cultura para que se sepan defender en la vida y no sean como mulas de carga. Anxo parece una persona muy simpática, con amor a los niños y que disfruta vi

Collejeros: enganchados al libro

Engánchate ti tamén aos libros!

Día da paz

Imagen