Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

Juan Marsé, Premio Cervantes

Imagen
O Premio Cervantes foi instituído en 1974 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura español a proposta das Academias da Lingua dos países de fala hispana. Está recoñecido como o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra global dun autor en lingua castelá cuxa contribución ao patrimonio cultural hispánico teña sido decisiva. O rei de España, Xoán Carlos I, preside a entrega deste galardón que ten lugar no Paraninfo da Universidade de Alcalá o 23 de abril, Día do Libro, de cada ano. Este ano foi adicado a Juan Marsé , autor español nado en 1933. As obras de Marsé sitúanse na súa Barcelona natal, en concreto no barrio de Guinardó (onde se criou) ou noutros próximos a este. En todas elas relata feitos vividos na época de postguerra ou durante o Franquismo. Analiza a degradación moral e social da postguerra, as diferenzas de clase barcelonesa, a memoria dos vencidos, os enfrontamentos entre traballadores e burgueses universitarios e a in

23 de abril, Día do Libro

Imagen
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o cronista Garcilaso de la Vega (O Inca). Tamén o 23 de abril naceron -ou morreron- outros escritores sobranceiros como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e estimular a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura. O 23 de abril é o día de San Jordi (San Xurxo ou San Jorge) e en Cataluña celébrase dun xeito especial: alí é tradicional que os homes agasallen con rosas ás mulleres e elas lles correspondan cun libro. A nosa celebración deste ano consiste nunha xornada de "portas abertas", na que todo aquel que veña pola biblioteca (a calquera das dúas salas) recibirá de agasallo un libro, un marcapáxinas e un pin. Ademais, é a data escollida para facer a presentación dos catro

A nosa celebración do Día da Terra o 22 de abril

Imagen
Nós queremos conmemorar o Día da Terra desde a biblioteca coa recomendación dunha lectura moi interesante: La Tierra herida ¿Qué mundo heredarán nuestros hijos? de Miguel Delibes y Miguel Delibes de Castro . Nel os dous autores dialogan sobre o papel do home no noso planeta. Miguel Delibes (escritor de recoñecido prestixio e cazador) pregunta ao seu fillo (Doutor en Ciencias Biolóxicas e membro do Consello Superior de Investigacións Científicas) sobre os problemas ecolóxicos aos que se enfronta o Planeta neste novo século. O pai pregunta e o fillo responde con rigor, pero afastado de tecnicismos. Se xa eran ben coñecidas a sinxeleza e a precisión narrativas de Delibes, nesta obra quedan patentes unha vez máis. La Tierra herida é un libro ameno e de fácil lectura , imprescindible para entender o que se nos aveciña se a especie humana non toma conciencia das agresións que está soportando a biosfera do noso planeta.

22 de abril, Día da Terra

Imagen
O Día da Terra é un día festivo celebrado en moitos países. O seu promotor foi o senador estadounidense Gaylord Nelson, que no ano 1962 comenzou a presionar para que o tema do medio ambiente formase parte da axenda gubernamental de John Kennedy. No ano 1970 celebrouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril (equinoccio de primavera no hemisferio norte) coa necesidade de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o Planeta. Nesa primeira convocatoria participaron dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e centenares de comunidades. Con tal presión social ese mesmo ano Richard Nixon creou a Axencia de Proteción Medioambiental e promulgou unha serie de leis coa finalidade da proteción do medio ambiente. A partir de aí, celébrase o Día da Terra. Neste día todos estamos invitados a participar en calquera actividade que promova a saúde do noso planeta , tanto a nivel globa

Día da muller

Imagen
Vimos de retirar da biblioteca a exposición que fixemos co gallo do “Día da muller” o pasado 8 de marzo. Nesa semana todos os alumnos de 1º da ESO pasaron pola sala grande da biblioteca para buscar información sobre mulleres que marcaron a historia. A actividade consistía en ordenar unha serie de “fichas”: unhas tiñan o nome dunha muller sobranceira; outras tiñan a súa foto; outras, algún dato da súa biografía; e as outras, algo destacado da súa obra. Cos datos extraídos a partir de fontes tradicionais –enciclopedias, libros de historia, dicionarios...- e das fontes de información tecnolóxicas, os rapaces ordenaron estas fichas e fixeron un panel que estivo exposto ata agora. Velaquí tedes algunhas fotografías:

O "liber amoenus" está en marcha

Imagen
O pasado día 2 de abril tivemos a primeira reunión do club de lectura (podes seguir toda a información no blog, tes o enlace á dereita). Sobrepasadas todas as nosas expectativas, apuntáronse corenta persoas de 1º de Bac e 4º da ESO e mesmo temos tamén a unha rapaza de 2º de Bac. Iso significa a necesidade dun feixe de libros de Asasinato no Orient Express . E tivemos que recorrer ao préstamo interbibliotecario con outros institutos. Desde aquí queremos agradecer a colaboración dos nosos colegas lectores: - os nosos veciños, o IES María Sarmiento ; - o IES de Fene -e a profe Sandra , de Francés, que nos trouxo os libros-; - o IES de Mondoñedo -e a Arabia e a Ásun -. Grazas a todos .